con Sonia Lamas |
A terapia craneosacral considera que unhadas manifestacións básicas da saúde é o latexo cefalorraquídeo. Deste pulso depende o bo estado do sistema nervioso e do resto de órganos e sistemas. Mediante manipulacións suaves sobre a cabeza, o pescozo e a columna conséguese regular este ritmo, alterado por diversas circunstancias, e recuperar a saúde.
É unha técnica suave e profunda, respectuosa co proceso da persoa. O terapeuta é un mero espello do que lle está a suceder ao paciente. Sen él o paciente non podería velo, pois necesita esa referencia externa. Pero é o propio paciente o que fai os cambios que necesita, sen a intervención do terapeuta. É como unha meditación interactiva.
As sesións facilitan unha profunda conexión e comprensión do paciente consigo mesmo. O paciente experimenta unha reorganización fisiolóxica, cambios estruturais e un equilibrio profundo. Fundamentalmente, é unha terapia moi respectuosa e sutil, que reconecta ao paciente co seu verdadeiro Ser, moitas veces esquecido.
Como é unha sesión?
Nun ámbito seguro e tranquilo, co paciente tumbado boca arriba, sen necesidade de espirse, o terapeuta vai tocando, cun contacto moi lixeiro, en distintas zonas do corpo. Principalmente nos pés, no sacro, ao longo da columna e na cabeza. Permanece uns momentos en cada zona, deixándose guiar polo que llemostra o corpo e pola súa propia intuición.
Xeralmente, ao rematar a sesión, o paciente ten a sensación de profunda calma, conexión consigo mesmo, benestar e relaxación.
Para que tipo de molestias ou dores está indicada unha sesión de Biodinámica?
• Para tratar o estrés postraumático, comoaxuda para equilibrar os problemas psicolóxicos derivados do trauma. Equilibra desaxustes do sistema nervioso, endócrino e enerxéticoasí como desaxustesemocionaisoude personalidade, estrés, angustia, depresión e insomnio.
• Mellora o funcionamento global do corpo: Secuelas de nacemento traumático, de accidentes de calquera tipo, de operacións cirúrxicas, adherencias, traumas…
• Xaquecas, disfuncións do sistema nervioso, dixestivo, cardio-respiratorio, e músculo esquelético.
• Problemas de oídos como zunidos, tinitus, problemas de vista e olfato, dores musculares oude ósos, hernias discais…
Cantas sesións necesito?
Ao rematar a primeira sesión, o paciente ten a sensación de profunda calma, benestar e relaxación. O corpo segue facendo «o seu traballo» pasados varios días, de forma, ás veces, inconsciente para o paciente. Nas seguintes sesións o traballo pasa a planos máis profundos, rematando de equilibrar aquilo que tiña que axustarse para reestablece-lo fluxo normal de movemento. Por iso recomendamos catro sesións, distanciadas entre elas unhas 3 semanas, para dar tempo a que o propio corp odo paciente continúe o traballo e poder completar a acción terapéutica.
Despois de 4 sesións, teño que volver algunha vez?
Aprender a escoitar o teu propio corpo é outro dos beneficios da Biodinámica. Por isto, aínda que non haxa ningunh amolestia concreta, a Biodinámica é unha forma de volver a nós mesmos, de restablecer a paz e harmonía que ás veces perdemos polo día a día. Por outra parte, algúns clientes deciden ter sesións de forma puntual cando a vida se lles presenta cun estrés extra, sendo estas sesións unha forma de permitir ao corpo soltar esas tensión sque poden crear restricións.
A Terapia Craneosacral Bidonámica pode ser boa para os bebés e nenos?
Este tratamento, polas súas características de estimulación dos propios recursos de saúde, e por ser tan suave e delicada, está indicado para bebés e nenos. Sempre os pais estarán presentes durante a sesión. A terapia pode ser recibida, nos brazos, mamando, ou en padiola.
Beneficios para o recén nacido:
• Alteracións no sono
• Trastornos psicomotores
• Asimetrías craniais
• Favorece a succión e a deglutición. Reduce o impo, os gases e cólicos do lactante
• Prevén a otite
• Mellora o ton vital do bebé e as súas habilidades motoras.
A presenza dos pais, a elasticidade dos bebés, a súa receptividade…, todas estas características fan que esta terapia sexa especialmente beneficiosa para os nenos. Ata os 10 anos, aproximadamente, os ósos, especialmente os craniais, son moi maleables e, polo tanto, moi susceptibles de rehabilitarse. Por esta razón, non son necesarias demasiadas sesións para observar os resultados.
A sesión adoita alongarse unha hora, aproximadamente. En canto ao número de sesións necesarias, en xeral os nenos responden rápidamente, aínda que todo depende tamén do problema a tratar. Un cólico do lactante, por exemplo, pode resolverse en tres sesións.